Ao matrimonio de escritores, xornalistas e guionistas formado por Joan Didion e John Gregory Dunne fáltanlle uns días para celebrar os corenta anos de casados. Pasan malos momentos: a súa filla, Quintana, está en coma na UCI por unha gripe que se complicou gravemente. Unha noite, tras visitala no hospital, sentan a cear no seu apartamento neoiorquino e un infarto fulminante acaba coa vida de Dunne...